17/10/10

Douscentos anos do primeiro libro impreso en galego

Hoxe vemos con naturalidade os libros impresos en galego. Pero non hai tanto tempo iso era unha utopía. Xustamente hai douscentos anos publicábase Proezas de Galicia (1910), unha obra sen gran pretensión literaria, escrita por un funcionario da Fábrica de Cigarros, José Fernández y Neyra, quen, a través da conversación "rústica" de dous paisanos, Chinto e Mingote, recreaba con gran colorido a guerrilla que expulsou ao exército de Napoleón.

Para a creación da primeira editorial galega houbo que esperar ata 1885, xa co "Rexurdimento" en plena efervescencia. Foi a través dun archiveiro orixinario de Astorga que sucedería a Murguía coma presidente da Real Academia Galega, Martínez Salazar. Inventou unha marca, "Biblioteca Gallega", que sacou á rúa 52 títulos.

Todo un referente foi tamén a saga dos Carré. Primeiro o pai, Uxío, que de libreiro convertiuse en activo editor de obras en galego e en fundador e primeiro director de A Nosa Terra (1907). O seu fillo, Leandro, asociouse con Ánxel Casal e crearon en 1924 a lexendaria editorial galega "Lar", gracias á que moitos autores escribirían por primeira vez. O segredo do éxito estaba en editar "literatura de quiosco": obras en galego inéditas e cortas, de formato bolsillo, con precio popular (30 céntimos) e tiradas de 3.000 exemplares.

Outras xoias foron o breve percorrido pola etapa de editor de Ánxel Casal e o seu Nós, gracias a quen a famosa revista do galeguismo logrou publicarse case unha década. O golpe de 1936 truncou aquela senda de triunfos editoriais.

No hay comentarios: