Novas adquisicións e "adopcións"
Nestas dúas últimas semanas, a Biblioteca adquiriu, ademáis dalgúns exemplares correspondentes ás lecturas obrigatorias para este curso, máis de corenta libros de segunda man pertencentes á mítica colección editorial "Barco de vapor". Estes libros -que ademáis saen máis baratos- terán logo unha nova oportunidade de ser lidos, de ser vividos: por iso, máis que adquiridos, estes libros son "adoptados", e esperamos que teñan unha vida ben boa nas mans dos seus novos lectores baroncelianos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario