23/12/10

Mochilas viaxeiras

Dúas mochilas partiron de viaxe este nadal cara dous fogares doutros tantos rapaces de 1º da ESO. As mochilas conteñen varios libros, revistas, DVD que toda as súas familias poderán disfrutar durante estas vacacións de nadal. Esperemos que cumplan o obxectivo desexado. Tamén tódolos nenos de 1º recibiron o seu "cuaderno viaxeiro", unhas libretiñas ben xeitosas onde anotar todas os libros que vaian lendo. Pola nosa parte, moi bo Nadal e bo 2011. E coma sempre, o de sempre: FELICES LECTURAS!!!