23/12/10

"O outro Nadal", por Pablo Pérez (alumno de 4º A)


O último día de clases, antes das vacacións, a Biblioteca entregou o premio do concurso de microrrelatos nadaleiros, consistente nunha minicesta de Nadal (todo "mini", coma podedes ver :-) O gañador por decisión unánime foi Pablo Pérez Alonso, cun microconto narrado dende a óptica, en primeira persoa, dunha persoa sin teito que sofre a soidade e insolidariedade dunha sociedade á que nestes días se lle enche a boca de bos desexos e boa vontade.

O outro Nadal

Sempre no Nadal, desde o meu ruín fogar, escoito a nenos e pais pasar, felices falando dos regalos, da cea de Noiteboa... Toda unha vida sen coñecer esas sensacións. Nunca tiven a sorte de
recibir un agasallo de neno,sen pais que mo fixesen. Nunca tiven ninguén ao meu lado. Nunca tiven traballo. Nunca tiven paredes nas que esconderme do frío. Que fixen? Que mal faría para ter esta vida? Vexo pasar á xente cargada con bolsas de regalos e comidas navideñas. Vexo a lata de comida que me deron no comedor social, e que espero que me aguante varios días. Vexo á xente abrigada e ben vestida. Vexo a miña sucia chaqueta, os meus rotos zapatos e a miña roída manta. Non me queda nada. Perdín ata a esperanza que nunca tiven. Nestas datas de Nadal,a miña vida perde todo o sentido que non ten. Tento durmir a pesar do ruído dos coches que me pasan por riba,desexando só espertarme ó día seguinte, aínda que non fondo dame igual facelo ou non.

No hay comentarios: