As cores do Pacífico
Corto Maltés. Balada do mar salgado Aquela inmensa extensión de azul, encrepada pola brisa leve, tiña milleiros de matices; a intensidade luminosa do sol quedaba atenuada polo paso dunha nube e o azul tinguíase de gris; os raios inclinábanse e o anil mesturábase co azul. Caín caeu na conta de que apenas uns meses antes só vira o mar. A cor do mar albergaba agora infinidade de matices, o mesmo que ocorría co carácter dos homes. Era fermoso poder deterse e observar, pero sobre todo era fermoso ver con claridade, estar en condicións de distinguir.
HUGO PRATT
Editorial Galaxia. Col. Costa Oeste. Vigo, 2006
Tradutor: Ánxela Gracián
Páxina oficial de Corto Maltese
Noticia editorial
A Nosa Terra
Din os entendidos que este Corto Maltés de novela non é exactamente o mesmo có famoso personaxe de banda deseñada; ou mellor dito, de literatura deseñada que é como lle gustaba ao seu creador Hugo Pratt. En calquera caso, é unha boa novela para deixarse engaiolar da acción e misterio deste antiheroe literario que para ter liña da fortuna cortouna el mesmo na man esquerda coa navalla de barbear herdada do pai.
"Cando quero relaxarme leo un ensaio de Engels; cando quero reflexionar leo a Corto Maltés", é unha das repetidas cita de Humberto Eco. Na Balada do mar salgado atoparemos para cavilar militares que se comportan coma corsarios; e piratas que rouban, secuestran, matan, pero tamén poden ser os cabaleiros do mar. Non dun mar calquera, senón da meirande masa marítima do planeta, un Pacífico en Guerra (1914-1918).
O océano non é só o escenario onde a tropa do Monxe e Rasputín rouban carbón para abastecer as forzas alemás que realizan conscientemente unha guerra de corso. O mar é en si mesmo a aventura. E a aventura é a que permite captar o matices da vida. Como confesa Caín Groovesnore, o personaxe máis novo da novela:
No hay comentarios:
Publicar un comentario