Ollada apache sobre o vello e o novo
Gerónimo. Unha autobiografía
Recollida por S.M. Barrett
ONOFRE SABATÉ (tradutor)
Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 1994
Edición electrónica, orixinal en inglés: Geronimo´s Story of His Life
Ao seu xeito, estas memorias ofrecen a visión do ancián que contempla a fin da súa vida unida ao esmorecemento da súa tribo como pobo, no sentido máis amplo: lingua, cultura, costumes, relixión...Estamos desaparecendo da face da terra, pero aínda así non podo crer que sexamos inútiles, senón Usen (Deus) non nos crearía. El creou todas as tribos de homes, e certamente tiña un obxectivo bo ao crear cada unha.
Por outra banda, o contexto social e político orientan principalmente o relato cara ao coñecemento do guerreiro salientando os episodios violentos do protagonista, naquel momento prisioneiro de guerra e desterrado nunha reserva india. Por riba dos prexuízos da época que tenta ofrecer a idea dun ser tan agresivo coma ignorante e incapaz de entender a civilización, o lector atento descubrirá a intelixencia de quen se sabe derrotado por traizóns e razóns de Estado.
En moitas ocasións as súas palabras de hai cen anos lense como un debate de permanente actualidade entre o vello e o novo.Entón os membros da tribo colléronse das mans, formando unha roda, e danzaron ao redor do lume por moito tempo. Todos os amigos da tribo foron convidados a participar desta danza, e cando terminou moitos dos vellos foron deitarse; entón comezou a "danza dos namorados".
(...)
Tal vez eu nunca máis teña a oportunidade de reunir a nosa xente para bailar, pero esas danzas sociais ao luar dábannos moito pracer no pasado, e creo que non van deixar de existir tan cedo; polo menos espero que non.
1 comentario:
O recital dos poemas do día das letras galegas foi moi bó aínda que había moita xente que estaba algo nerviosa por leer,sobre todo os alumnos de primeiro xa que algúns eran os propios autores.Aínda así estivo moi ben e perdimos algunha hora de clase.Penso que cousas destas son boas no centro xa que así non seguimos a mesma rutina.:-)
Publicar un comentario