22/12/09

Feliz Ano do Libro e a Lectura

Ademais do Xacobeo, o 2010 foi declarado pola Xunta Ano do Libro e da Lectura. A programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas. Entre as conmemoracións literarias anunciadas para este ano salientan as seguintes:

- Centenario do nacemento das grandes figura da cultura galega do século pasado: GONZALO TORRENTE BALLESTER, LUÍS SEOANE e RICARDO CARVALHO CALERO.

  • - 125 aniversario do pasamento de ROSALÍA DE CASTRO.
  • - O Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta UXÍO NOVONEYRA.
  • Por outra banda, está previsto para este ano a apertura da Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).


En canto a nós, o Grupo de Traballo dedicado por terceiro curso consecutivo á organización, xestión e dinamización da Biblioteca apúntase a seguir traballando modestamente con optimismo por un Baronceli lector.


Hoxe, ademais da actividades de despedida do trimestre, entregamos o Biblioboletín, puxemos en circulación dúas Mochilas Viaxeiras carregadas de ilusións lectoras e celebramos a derradeira reunión do ano. Velaquí nos tendes entre libros:


Felices lecturas.

Enlace ao boletín.

2 comentarios:

BIBLOS dijo...

Un programa prometedor. Se hace la boca agua. Que disfrutéis de vuestras merecidas vacaciones. Bo Nadal, feliz ano e felices lecturas. Bicos e apertas.

Anónimo dijo...

Máis información na seguinte ligazón:
http://agabad.blogsome.com/2009/11/25/2010-ano-do-libro-e-da-lectura-en-galicia/