Feliz Ano do Libro e a Lectura
Ademais do Xacobeo, o 2010 foi declarado pola Xunta Ano do Libro e da Lectura. A programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas. Entre as conmemoracións literarias anunciadas para este ano salientan as seguintes:
- Centenario do nacemento das grandes figura da cultura galega do século pasado: GONZALO TORRENTE BALLESTER, LUÍS SEOANE e RICARDO CARVALHO CALERO.
- - 125 aniversario do pasamento de ROSALÍA DE CASTRO.
- - O Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta UXÍO NOVONEYRA.
- Por outra banda, está previsto para este ano a apertura da Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
Felices lecturas.
2 comentarios:
Un programa prometedor. Se hace la boca agua. Que disfrutéis de vuestras merecidas vacaciones. Bo Nadal, feliz ano e felices lecturas. Bicos e apertas.
Máis información na seguinte ligazón:
http://agabad.blogsome.com/2009/11/25/2010-ano-do-libro-e-da-lectura-en-galicia/
Publicar un comentario