Letras en 3D recortables
Non é este un tipo de letra para ler nunha folla de papel ou na pantalla do ordenador. Trátase dunha tipografía en tres dimensións, pensada para os que teñan paciencia cos traballos manuais. Pódese descargar de balde e unha vez no teu computador, gardar o arquivo punched_out.ttf no cartafol Font, xunto co resto de tipos do procesador de textos. Logo escribe a túa mensaxe en Word con este tipo, dálle tamaño abondo, imprime, recorta e pega.
Via: Tecnoloxía.org
Via: Tecnoloxía.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario