Paz, Pau, Bakea, Peace, Paix, Friede, Pace, Vedre, Paco, Pax
"Guernica" coloreado coa palabra PAZ en máis de vinte linguas. Realizado na biblioteca por uns corenta voluntarios/as de todos os cursos, dirixidos pola profesora de Educación Plástica.
Fotos na Galería.
MENSAXE DE PAZ
Pode que ninguén escoite
a mensaxe que quero enviar,
30 de xaneiro pola paz
isto quero desexar.
Non máis guerras,
non máis choros
non queremos máis
destrutores
terremotos.
Non máis fame,
non máis mortos,
só queremos ver
grandes logros.
Un mundo cheo de paz,
un mundo polo amor,
un mundo para todos
sen discriminación.
ANDREA (1.º ESO)
A paz non se pode ver,
a paz non se pode tocar.
Pero se non a hai
si se fai notar.
Cando todo vaia mal
e estea a punto de chorar,
acórdate dos teus
que te poden consolar.
A pomba coa súa ramiña,
vai axudando aos demais
pero se segues facendo mal
xa non a verás máis.
Xestos de paz,
bicos e abrazos
o día trinta
todos desexamos.
bicos e abrazos
o día trinta
todos desexamos.
Igualdade, amizade e bondade
moi fáciles de pronunciar son,
e igual de facilidade
son de sentir no corazón.
moi fáciles de pronunciar son,
e igual de facilidade
son de sentir no corazón.
TANIA (1.º ESO)
1 comentario:
¡Precioso! Precisamente andábamos pensando nosotrotros en algo similar para nuestro homenaje a Miguel Hernández. Apertas.
Publicar un comentario