Megatoxos con Verne e Gaia (Clube de lectura)
Hoxe, 23 de marzo, reuniuse na biblioteca o Clube de Lectura de 1.º ESO. Estabamos convocados para falar d'Os Megatoxos e os Templarios da Luz, de Anxo Fariña. Cos nosos xa queridos protagonistas Ninfa, Faísca, Ruxe e Lúa viaxamos no tempo ata o París de exactamente o 23 de marzo de 1889, en plena Exposición Universal. Será casualidade?
Á par que fomos analizando a terceira entrega dos Megatoxos, elaboramos o cartel que recolle as obras dispoñibles na biblioteca sobre a hipótese de Gaia e outros autores mencionados na obra. Por exemplo, Mark Twain e Jules Verne, falecido hai exactamente 150 anos: o 24 de marzo de 1905. Será casualidade?
A sesión foi intensa. Aos poucos iremos mellorando o xeito de falar de libros e a expresar as nosas valoracións sobre a lectura. O título escollido para a vindeira reunión é Barro de Medellín, de A. Gómez Cerdá.
Damos, asemade, as grazas ao alumnado do PCPI que nos axudou a rematar o cartel, expóndose á dolorosa picadura do toxo arnal que medra "casualmente" ao redor do instituto.
______
______
Ver tamén: visita de Anxo Fariña.
2 comentarios:
Ola a todos e todas.
Teño que felicitarvos por ese traballo de investigación. Vexo que non se vos escapa ningún detalle por pequeno que sexa.
E non, non son casualidades... ;-)
Unha aperta forte, Anxo Fariña
Moitas grazas, ANXO, polo teu comentario.
Hoxe a biblioteca arrecendía a chorima de toxo e ganas de aventura. De feito, xa temos algunha reserva para a cuarta entrega dos Megatoxos. Devecemos por coñecer cómo se resolve ese misterio sobre a orixe de Faísca.
No nome do clube de lectura, un saúdo agradecido.
Publicar un comentario