Xadrez para todos (iniciación 1 e 2)
Xa está dispoñíbel o segundo volume en galego do sistema de aprendizaxe Xadrez para todos, da editorial catalá Balagium editors, cuxa colección completa consta de seis volumes repartidos en tres niveis de dificultade. Os dous primeiros títulos forman parte do nivel de iniciación. Pódense descargar da páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou pedilos na biblioteca.
O primeiro manual de iniciación está estruturado en diferentes unidades:
1. Coñecemento do taboleiro e das pezas.
2. Explicación de como se xoga e de combinacións sinxelas con pezas diversas.
3. Comentario de posibles resultados dunha partida e dos mates básicos.
O segundo manual vai un paso máis alá ao tratar:
1. A anotación dunha partida.
2. Explicación das normas básicas, dos típicos erros e dunhas sinxelas orientacións estratéxicas na apertura da partida.
3. Explicación dos tipos de intercambios entre pezas e das distintas combinacións, tanto para conseguir un beneficio de material como para realizar xaque mate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario