16/4/10

Paula Carballeira no Baronceli

Este venres estivo connosco Paula Carballeira, actriz, escritora e contacontos, falándonos da súa vida e obra, e do medo, e dos mortos, e da súa novela O lobishome de Candeán, que o alumnado de 3º leu nas clases.
Algúns rapaces leron un manifesto en defensa da lectura co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e a continuación todos disfrutamos cunha entretidísima sesión de contos.
Un precioso día que nos invitou a mergullarnos máis fondamente no marabilloso mundo da literatura. Graciñas, Paula.
Fotos: Israel

3 comentarios:

I. CAMACHO dijo...

¡Hola, amigos de Verín! Os hemos dejado un regalito en Bibloranca. Saúdos.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Nos tamén temos un agasallo para vos en Silleda.
Saúdos.

Bibliobaronceli dijo...

Moitas grazas a ambos os blogues que pagan a pena, Bibloranca e Pintor Colmeiro. Tentaremos estar á altura.